| Benvida |
Benvidos a todos ao noso
FESTIVAL DE IOGA GURU RAM DAS GALICIA 2011
¡¡Kundalini ioga en estado natural!!
Dende AEKI e a súa Delegación en Galicia, queremos compartir de novo con todos vos a nosa ledicia, entusiasmo e ilusión, ofrecéndovos un festival cheo de ensinanzas, de música, de baile, de risos e moita, moita sanación.
Gustaríanos poder compartir contigo un tempo e un espazo para coñecernos, para medrar xuntos, para sentir e experimentar a nosa alma. Disfrutando da presenza de grandes mestres e profesores, que nos darán maior claridade e perspectiva, para seguir avanzando nesta aventura que é a vida.
Cada momento é unico e irrepetible, por iso animámosvos a participar deste encontro único, que dende o corazón vos ofrecemos para disfrutar todos xuntos neste lugar máxico que é “A Casa da Terra”.
Que Guru Ram Das nos siga inspirando para ofrecerche cada ano o mellor de nos.
Grazas a todos,
¡¡Esperámosvos cos brazos abertos!!
Dende o corazón,
A organización
Delegación Galicia AEKI

